Outonía
Identidade de marca
Araceli, Paula e Tania desean e levan a cabo proxectos educativos dende e para territorios rurais.
Chegaron a min para construír a súa identidade visual do seu proxecto e todo o universo que o rodea.
#rural
#social
#sostible
Traballamos cunha tipografía elegante que transmite calma na que redebuxo as terminacións para ligar ou unir os caracteres. O símbolo describe a orixe de Outonía: a natureza e o medio rural.
Pensamos nun estilo propio para aplicar en fotografías, iconas e cores que recollemos no dosier de marca.
Deste xeito permítelles autoxestionar a comunicación cunha guía onde se establecen as preferencias dunhas normas sobre outras, para que esa comunicación sempre teña unha identidade propia e a esencia Outonía.