MemoFem
Identidade de marca e ilustración
Este é un xogo de memoria sobre científicas e inventoras da historia. Un xogo impreso en cartoné indicado para a cativada a partir de 6 anos.
Neste proxecto, ademais de ilustrar as protagonistas, deseñei a identidade visual e a embalaxe.
#lúdico
#feminismos
#formación
Nas ilustracións das personaxes empreguei un trazo sinxelo. As cores son planas e de alto contraste para fomentar a memorización. A tipografía caligráfica resulta doada para primeiras/os lectores.