
Ola, son Marta!
No meu día a día, ademais de xogar coa miña pequerrecha, traballo man a man con emprendedoras que cren na transformación social a través da educación e baixo os lentes violetas.

Hai uns anos descubrín a importancia social do deseño: de como a través del, podemos transmitir ideas para facer do mundo un lugar máis sostible e igualitario.
Sentinme identificada con estes valores, porque así son!
E desde esta perspectiva nace Conxenia, o meu proxecto, co que trato de facer un mundo mellor a través do deseño e da ilustración.




Se queres rexoubar un chisquiño máis, aí vai!
- Levo 20 anos traballando no eido da comunicación.
- Creei Conxenia en 2017, ao mesmo tempo que chegou Rosalía, a miña filla.
- Desfruto traballando coas mans. Cando era pequena, moita ilusión me facía que me regalasen cores! xa facía as miñas composicións para forrar as carpetas do cole.
- Hoxe experimento coa colaxe, óleo, bordado… ou calquera técnica que me permita atopar novas linguaxes de expresión.
- Toco a pandeireta nun grupiño coas miñas compañeiras e non dubidamos en arrancar unha foliada alá onde imos!!