Estratexia e creatividade para cultivar a identidade visual do teu proxecto.

Aínda non nos coñecemos pero…

Sei o difícil que é destacar nun mercado saturado porque tamén son emprendedora e vívoo en primeira persoa. Despois de moitas voltas, deime de conta que a clave é ser ti mesma, porque se a imaxes que proxectas cara ó exterior non está aliñada con que es, non serve de nada.

A ver se o adiviño!

  • Dedícaslle moito tempo a preparar contido para guías, formacións, publicacións ou material didáctico.
  • O resultado non é atractivo nin dinámico, máis ben pouco chamativo e técnico.
  • Necesitas darlle estrutura e claridade para que sexa de fácil comprensión.
  • Ou pode que esteas nese momento de subir un chanzo no teu proxecto e non te sentes identificada coa imaxe que proxectas. 
  • E por encima perdes demasiado tempo coa túa comunicación, non segues unha liña gráfica e percíbense como elementos soltos, sen conexión nin coherencia.

Milagres a Lourdes. Agora ben,

Da identidade visual do teu proxecto encárgome eu.

…e sei como levalo a cabo

Estratexia

Traballaremos os valores do teu proxecto, que queres comunicar e a quen vai dirixido para marcar a folla de ruta.  
Unha identidade con concepto e que deixe pegada!

Creatividade

Fieis á estratexia, traduciremos e aterraremos conceptos para darlles forma a través do deseño gráfico.  
Marchando un deseño “bonito” e con concepto!

Activación

As ideas fanranse tanxibles en pezas impresas, na túa web ou mesmo en redes sociais.
Agárrate que despegamos!

Ei! que teño experiencia

MemoFem

Feminismos no tempo

Atalaias

*A identidade visual do teu proxecto é o nexo de unión entre ti e o teu público.