Atalaias

Noelia e Raquel forman a cooperativa As do Social alá polo 2006, no 2022 deciden darlle un aire renovado pero mantendo a súa esencia, pola que sempre foron coñecidas.
Atalaias é un proxecto centrado no ámbito social, o acompañamento emocional e o crecemento persoal, é dicir, centrado nas persoas.

#experiencia
#social
#emocional

Nesta renovación de marca tiven en conta o significado do propio nome: as atalaias son lugares ou estruturas elevadas que permiten avistar territorios e xente.
O resultado é unha A en feminino, que representa este miradoiro dende o cal observar unha sociedade en continuo cambio.

Nesta remodelación tamén pensamos un universo de cores e iconas versátiles e adaptadas ó mundo 2.0, cuxa función é axudar a comunicar e, polo tanto, engadir valor á marca.

Entre outras vantaxes, ter un universo de marca estruturado e pensado proporciona certa axilidade á hora de crear recursos de comunicación para a marca.