Arabías

Bea e Belén desenvolven proxectos feministas e de transformación social na cooperativa Arabías.
Necesitaban renovar a súa identidade de marca e o universo que a rodea para poder ter unha comunicación coherente e así aumentar a presenza da marca e o valor que aporta ó seu público.

#formación
#comunidade
#educación

Para crear esta linguaxe “Arabías” recorrín á técnica da colaxe porque nos permite mesturar e fiar varios conceptos, aínda que primeiramente parezan de mundos diferentes.
Construímos un código para comunicar, partindo de cores alegres e da tipografía rotunda, os diferentes programas nos que traballan.

Claridade, confianza e autoxestión son o resultado de traballar o universo e a identidade de marca.
A finalidade é mostrar os servizos e ter unha ampla gama de recursos a redor da mesma.