Defensoras de dereitos
Deseño editorial e ilustración
A colección Defensoras de dereitos nace para visibilizar a través da literatura as vidas e o compromiso coa xustiza das máis de 2000 mulleres defensoras organizadas na Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos.
#defensoras
#dereitos
#compromiso
O meu labor foi o de maquetar e ilustrar cada unha das historias narradas pola escritora Lara Dopazo Ruibal.
Unhas ilustracións que tentan contar a realidade que sofren estas mulleres por defender os dereitos humanos nas rexións máis perigosas do mundo.
O Programa que desenvolve conxuntamente a Coordinadora Galega de ONGD e a Deputación de Pontevedra foi recoñecida como boa práctica de Educación para a Cidadanía Global.
Unha distinción outorgada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Axencia Española de Cooperación Internacional para do Desenvolvemento (AECID).