Avezar

Avezar significa instruír unha persoa nun arte ou oficio e, neste caso, Tania aplícao con enfoque feminista no traballo socioeducativo a través de materiais e recursos especializados.
Avezar é xogo, é atreverse a soñar e ser feliz!

#pedagóxica
#lúdica
#enerxética


O símbolo constrúese simplificando formas a modo de crebacabezas ou “tangram” para salientar a parte lúdica do proxecto.
E por que unha xirafa? Porque é o mamífero máis alto e aprendeu a sobrevivir adaptándose ó medio e ás súas circunstancias.
Ademais de ser un animal que acompañou a Tania nunha visualización.

As cores suaves e inspiradas na Art decó, xunto cun universo cálido e achegado, resaltan no proxecto a vertente próxima e lúdica.