Identidade visual

tes un proxecto social e educativo?

Chegaches ó teu lugar! Imos crear unha identidade visual que represente os teus valores sen que teñas que dicir nin media palabra.

Isto interésame!

Son Marta, deseñadora gráfica, traballo con ONGDS e proxectos de carácter social… e tamén toco a pandeireta!
Ai, cóntame máis!

Ou quizais queres darlle á túa publicación ou material educativo un estilo que namore?
Traballemos xuntas!

Deseño a identidade visual da túa marca con estratexia, non só un logo “bonito”. Teño 20 anos de experiencia e unha morea de proxectos ao lombo! 
Abre a lacena!

Sentes que a imaxe que proxectas do teu negocio non conecta con quen es ti?
Quero saber máis!

…tres razóns polas que
traballar comigo

Confianza


Dotaremos o teu proxecto dunha identidade visual que lle aporte presenza e isto consegue que o teu público confíe en ti como marca.

Recoñecemento


Unha identidade a medida diferénciate dentro do sector e fai que o teu público te recorde.

Coherencia


Terás un discurso visual unificado en toda a túa comunicación. Serás ti mesma e plasmarás a túa esencia en cada publicación.

Ca! Aínda hei virar vermella!

Lerchea
o meu
Instagram

Invítote a que lle botes unha ollada ó meu Instagram, aí atoparas reflexións sobre deseño e traballos que van saíndo do forno. Non me perdas a pista!